Voluntariado Lingüístico

Os Correspondentes Xuvenís do IES Castro Alobre (Vilagarcía) organizaron un Voluntariado Lingüístico para poñer en valor a diversidade cultural e lingüística existente no instituto. O equipo presentouse nunha festa organizada para o último día de aulas do 1º trimestre no que, ademais de dar as badaladas de “Fin de Trimestre”, tamén se presentaron os/as embaixadores/as de cada comunidade cultural (Marrocos, Senegal, Burundi, Paquistán, Portugal, Brasil, Ucraína, Colombia, Alxeria, Romanía, República Dominicana, Venezuela e Cultura Xitana).

Os Correspondentes leron un discurso no que se despedían de todas as cousas negativas do ano e abrazaban as noticias que chegarían no próximo. Como en todo bo "Fin de Ano-Trimestre” non faltaron as badaladas e as uvas improvisadas (cacahuetes que se repartiron entre o público).

Ademais, durante o curso foron moitos os actos en que a diversidade cultural foi celebrada a iniciativa destes Correspondentes Xuvenís.

Anterior
Anterior

PIN PON CON