Información Xuvenil
A información xuvenil é un ámbito profesional con servizos, oficinas, centros, profesionais e cos seus propios principios éticos cualitativos.
QUE É A INFORMACIÓN XUVENIL
Un dereito das persoas mozas que asegura o acceso a unha información adecuada no momento adecuado.
Unha clave fundamental para decidir de maneira autónoma, crítica e informada cara a unha vida con seguridade e posibilidades. Un servizo público ofrecido por administracións e outras entidades para apoiar as persoas mozas ao longo do seu percorrido vital.
TEMAS DE INFORMACIÓN XUVENIL
Recursos municipais
Bolsas, axudas e subvencións
Saúde e benestar
Vivenda
Carnés xuvenís
Voluntariado e cooperación
Asociacionismo e participación activa
Igualdade
Inmigración
Medio ambiente
Educación e formación
Traballo e ocupación
Relacións familiares e sociais
Premios e certames
Lecer e tempo libre
Turismo e mobilidade internacional
Calquera tema que interese ou necesite a xente nova
PRINCIPIOS
SERVIZOS DE INFORMACIÓN XUVENIL
Servizos públicos que se dedican a facilitar información a persoas mozas
Son os encargados de recompilar, tratar, elaborar e difundir a información para poderen axudar as persoas mozas de maneira específica. Ofrecen tamén asesoramento personalizado.
Estes servizos préstanse en centros, oficinas e puntos de Información Xuvenil, públicos ou privados, distribuídos por todas as comunidades e rexións. Réxense polos principios da Carta Europea de Información Xuvenil e por normativas autonómicas.
No Instituto da Xuventude de España (INJUVE) atoparás unha listaxe dos centros de información xuvenil. Pica aquí para ver os centros de información xuvenil aos que podes acudir.