Correspondentes Xuvenís

Unha guía con recursos e ferramentas para axudarche a difundir e dinamizar a información xuvenil.

Axudar a estender ideas ou opinións sobre actividades no teu contorno. Achegar ideas sobre actividades para realizar, á parte de na túa localidade, tamén nos institutos ou colexios.
Para min, ser correspondente significa poder informar os mozos do meu concello sobre actividades, intereses e informacións útiles para un mellor presente e futuro.
É aquela persoa que transmite información á mocidade, participar e animar a outros a participar e incentivalos en actividades e formacións dinámicas e amenas.

QUE FACEMOS

Informar

Compartir información interesante co resto de rapaces e rapazas, ademais de recoller as súas necesidades informativas e trasladalas ao servizo de información xuvenil.

Crear

Crear contido para a información que se vai difundir mediante carteis, publicacións para redes sociais, folletos, actividades, reunións...

Participar

Participar activamente en reunións e encontros de Correspondentes Xuvenís a nivel galego e estatal.

Coordinarte co teu servizo de información xuvenil

É importante estar en contacto co teu Servizo de Información Xuvenil para que a información que transmites estea actualizada.

Dinamizar

Levar a cabo accións e actividades individuais ou en grupo para mobilizar outras persoas novas a participar nas iniciativas que se propoñen.

Animar a participar a todas as persoas novas para garantir os dereitos que se explican na Carta Europea de Información Xuvenil.

Animar

COMO INFORMAMOS

Cara a cara

No instituto, na oficina de información xuvenil, en asociacións culturais, en clubs deportivos...

Ferramentas dixitais

Páxinas web, listas de difusión, correo electrónico, redes sociais, blogs, campañas audiovisuais, podcasts...

Paneis informativos

No IES, nas aulas e noutros puntos con carteis, folletos, murais ou revistas.

8 CONSELLOS PARA DIFUNDIR

1.

Define o obxectivo: que queres conseguir

2.

Escolle a poboación á que queres chegar

3.

Elixe como o vas facer: canles, materiais, etc.

4.

Marca tempo e datas: planificar é importante

5.

Deseña a campaña: contido e materiais

6.

Establece se o vas facer só/a ou con aliados

7.

Reparte tarefas segundo as fortalezas do equipo

8.

Avalía: mide a repercusión da campaña

SER CORRESPONDENTE

Se queres ser correspondente xuvenil:

  • Contacta co teu profesor/a ou co servizo de información xuvenil da Xunta ou do teu concello. 

Informarante sobre os beneficios, funcións e tarefas de ser correspondente; informarante sobre como inscribirte e axudaranche durante esta etapa.